CRUCEIRO DE COVELIÑO

Etnográfico
860
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Cespón (San Vicenzo)

Lugar: O Coveliño

15990  Boiro - A Coruña

Descrición

Realizado en granito. Trátase dun cruceiro de Capela de cruz cuadrangular coa figura de Cristo crucificado, con tres cravos, inclinando a cabeza cara á dereita, as mans pechadas, sen coroa, nimbo crucífero e pano de pureza sen nós; capela lisa de base troncopiramidal invertida, tellado a catro augas, teito plano, anxo con ás na base da capela e no interior a Virxe de Loreto; fuste cadrado con chafráns; plataforma cuadrangular de dous graos.

Acceso

Dende Boiro, tomamos a DP-1106 en dirección a Abanqueiro ata chegar ao lugar de O Coveliño.

Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Arriba