Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: CASA DO MUDO&body=Recoméndoche que leas a información CASA DO MUDO extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/171030000878/locale/?langId=gl_ES
Parroquia: Cervo (Santa María)
Lugar: A Senra 25
27891 Cervo - Lugo
CASA DO MUDO é unha antiga casa de labranza restaurada. Os espazos están moi coidados, mantendo sempre o aspecto rústico do edificio. Casa do Mudo é moito máis que unha casa rural, é un fogar.
As nove habitacións contan con baño completo, televisión e wifi. A que se atopa na planta baixa está adaptada a minusválidos.
Cada unha das tres plantas da vivenda conta con espazos comúns. Unha delas serve de comedor e dispón dunha lareira, a segunda ten unha sala de estar e a terceira conta cunha biblioteca.
No exterior, ademais dun rechamante hórreo, hai un alpendre para descansar ao aire libre, adornado con apeiros de labranza. A coidada decoración, con mobles rústicos e distintos deseños para cada habitación, é un dos aspectos máis rechamantes.
Ademais, ofrecemos almorzos completos nun agradable comedor con vistas ao xardín e se o tempo permíteo, tamén se poden gozar fóra.
Baixo petición previa, estes espazos tamén permiten gozar dunha exquisita cea con comida caseira realizada con produtos autóctonos.
A leira, de sete mil metros cadrados, dispón de grandes zonas axardinadas e dun amplo e coqueto soportal.
Situada nun burgo de baixa densidade de poboación como A Senra, Casa do Mudo atópase nun espazo tranquilo e rodeada dunha preciosa contorna natural, con ríos próximos, fervenzas e muíños de auga. É unha zona ideal para a práctica de sendeirismo, o cicloturismo ou simplemente pasear e deleitarse coa natureza.
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.