CRUCEIRO DA GRIXA DE BERDEOGAS

Etnográfico
788
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Berdeogas (Santiago)

Lugar: A Grixa

15151  Dumbría - A Coruña

Coordenadas:
43º 01' 57.7" N - 9º 06' 05.6" W

Descrición

Cruceiro de tipo de Crucifixo con plataforma cuadrangular dun chanzo e pedestal cuadrangular achafranado e na que vai unha mesa acaroada. O varal é octogonal empezando en cadrado na que ten unha inscrición que pon:”A 1797″.  O capitel é octogonal, con astrágalo octogonal e liso, ábaco de lados curvos e vértices achafranados. Ten volutas, caras e follas de cantos lobulados. A súa cruz é octogonal con remates florenzados e botón central. Polo anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans abertas. Inclina a cabeza cara á dereita sen coroa de espiñas e cunha cartela coas siglas INRI. O seu pano de pureza vai anoado á dereita. Polo reverso da cruz fica a Virxe en actitude de orar coas mans xuntas sobre unha peaña. O cruceiro é todo de granito.

Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía
Arriba
Axúdanos a mellorar!