IGREXA PARROQUIAL DE SAN MIGUEL DE MONTERROSO

Relixioso
634
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Esporiz (San Miguel)

Lugar: Monterroso

Monterroso - Lugo

Descrición

Igrexa de época contemporánea, no ano 2010 celebrouse o centenario do seu comezo. É un exemplar de natureza ecléctica, realizada en perpiaños de granito, monumental. Posúe amplos vans no frontis en forma de arcadas simétricas e paralelas en ambas  as plantas. Sobre elas sitúase o frontón, rematado cunha pequena cruz latina. O mestre de obra foi Severino Mariño. Uns metros diante do frontis álzase un cruceiro de grandes dimensións con catro imaxes sobre peañas, obra do escultor Asorey, A Inmaculada, Santiago Peregrino, santa Teresa e santa Bárbara.

Acceso

En Monterroso está a igrexa no centro da vila.

Camiños de Santiago

Camiño Francés
Arriba