ERMIDA DE CASTROBUXÁN

Relixioso
741

Localización

Parroquia: Calo (San Xoán)

15129  Vimianzo - A Coruña

Coordenadas:
43º 08' 20.6" N - 9º 03' 38.9" W

Descrición

Malia construírse no 1756, a capela da Nosa Señora da Concepción de Castrobuxán xa existía no séc.XVII. No seu interior garda un interesante retablo con relevos barrocos que representan escenas da infancia de Xesús, e deste templo é a imaxe da Virxe da Concepción, de estilo renacentista e do século XVI. Actualmente esta gárdase no templo parroquial.
O santuario sitúase nun lugar especial: no alto dun outeiro, preto dun castro (de aí o topónimo) en ruínas e nun lugar deserto e abandonado. Por isto, pode que o lugar fose relacionado co pagán e incluso co demo, de aí a súa cristianización.
O conxunto complétase cun cruceiro e unha fonte barroca á que se accede por un vello camiño á beira da muralla do castro.

Acceso

Desde o centro de Vimianzo viaxar dirección a Camariñas. Despois de pasar o lugar de Calo haberá que xirar á esquerda por unha pista que o conducirá á ermida de Castrobuxán.

Estilos

Barroco
Arriba