CASA MODERNISTA

Civil
378
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: O Grove (San Martiño)

Lugar: O Grove

Rúa Luis A. Mestre 18

36980  O Grove - Pontevedra

Coordenadas:
42º 29' 33.3" N - 8º 51' 57.0" W

Descrición

Construída a principios do s. XX, esta casa de planta rectangular, ten dúas pilastras que enmarcan a fachada culminando cun capitel con decoración modernista xeométrica. Na planta inferior destacan as dúas portas adinteladas enmarcadas por molduras planas. A planta superior organízase en torno a unha gran fiestra baixo un arco parabólico, marcado por unha moldura. Todo o conxunto está encalado.

Acceso

A rúa Luís A. Mestre é unha das principais rúas de acceso á zona urbana do Grove. A casa sitúase no centro, a poucos pasos do cruce principal e a carón da praza do Galo.

Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Arriba