GRAN HOTEL DA ILLA DA TOXA

Civil
373
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: O Grove (San Martiño)

Lugar: Illa da Toxa

Rúa Condesa 2

36991  O Grove - Pontevedra

Coordenadas:
42º 28' 58.3" N - 8º 50' 49.9" W

Descrición

Este hotel de 5 estrelas conta con máis dun século de historia. Foi inaugurado no 1907 e construído polo arquitecto Vázquez-Gulías. Neste establecemento aloxáronse personalidades coma Ortega y Gasset ou Gabriel García Márquez entre outras moitas. Conta con 199 habitacións e amplos salóns ademais do Balneario e Club Termal.

Acceso

Dende o principal acceso ao Grove xa podemos ver o desvío cara á illa da Toxa. Unha vez que se cruza a ponte da Toxa, seguimos recto e ao chegar á segunda rotonda xiramos á esquerda. A escasos metros xa vemos o Gran Hotel á man dereita.

Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Arriba