POMBAL DE BERDEOGAS

Etnográfico
1497
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Berdeogas (Santiago)

Lugar: A Grixa

15151  Dumbría - A Coruña

Coordenadas:
43º 01' 54.9" N - 9º 06' 06.9" W

Descrición

Unha fermosa mostra de pombal feito con pezas de cachotería encintadas, que o fan destacar de maneira especial. Un tellado a unha auga, con tella do país para a cuberta, e que ten forma de ferradura o que lle imprime un aspecto distinto, de planta circular e corpo cilíndrico. Unha única porta serve de acceso ao mesmo e para a entrada das pombas situáronse preto da cima uns pequenos buratos cadrados. Un beirado sobresae arredor do perímetro, servindo de lugar de pousadeiro das pombas. 

Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía
Arriba