FONTE DA GÁNDARA

Etnográfico
2469

Localización

Parroquia: Mondariz-Balneario (Nosa Señora de Lurdes)

Lugar: Mondariz-Balneario

Avenida Enrique Peinador

36890  Mondariz-Balneario - Pontevedra

Coordenadas:
42º 13' 37.7" N - 8º 27' 59.1" W

Descrición

Esta fonte de augas mineiro-medicinais de composición ferruxinosa atópase baixo un elegante e esvelto templete clásico realizado polo arquitecto porriñés Antonio Palacios Ramilo en 1908. O pavillón que cobre a fonte presenta unha planta cadrada na que se inscriben catro corpos abertos semicirculares soportado cada un deles por seis columnas graníticas de orde clásica, cun granito máis pulido nos fustes e capiteis con decoración vexetal. No interior do recinto, de planta circular sitúase a propia fonte, aínda que a un nivel inferior ao do chan. Accédese a esta a través dunha escalinata con varios niveis, nos que se sitúan unhas varandas que describen ondulacións dinamizando o interior. Dende o nivel inferior arrancan catro grandes columnas que sustentan os nervios da bóveda de crucería estrelada, sendo culminado todo o conxunto por unha grande cúpula de formigón.

Acceso

A fonte sitúase nos xardíns do Gran Hotel, no centro da vila.
Arriba