FONTE DO TRONCOSO

Etnográfico
1407

Localización

Parroquia: Mondariz-Balneario (Nosa Señora de Lurdes)

Lugar: Mondariz-Balneario

Paseo del Tea

36890  Mondariz-Balneario - Pontevedra

Coordenadas:
42º 13' 34.7" N - 8º 28' 31.9" W

Descrición

O manancial de Troncoso foi descuberto en 1862 por Domingo Balco Lage, aínda que ao parecer esta fonte xa era coñecida con anterioridade, como proba o feito de que en 1772 Pedro Gómez de Bedoya xa falase delas nun manuscrito titulado "Descrición das 50 fontes minerais do Reino de Galicia". Trátase dunha fonte de augas mineiro-medicinais de características nitrosas, declarada de utilidade pública o 16 de xuño de 1873, grazas ao labor de Enrique Peinador e Vela. Este manancial está cuberto por unha pequena construción metálica que se atopa na actualidade moi deteriorada, pero que aínda mostra o esplendor de épocas pretéritas

Acceso

Núcleo capital municipal.
Arriba