FONTE DE SAN ROQUE

Etnográfico
1065

Localización

Parroquia: Naraío (Santa María)

Lugar: O Eirixado

15576  San Sadurniño - A Coruña

Coordenadas:
43º 29' 52.8" N - 8º 05' 12.7" W

Descrición

Fonte de cantería, de grande sinxeleza, rodeada dunha espesa vexetación arbórea. Composta por unha pía de pedra rústica, sobre a que se colocou unha fornela en forma de vieira que alberga a San Roque. Nas inmediacións atópanse a igrexa parroquial e un cruceiro.

Acceso

Dende a capital municipal, tomar a C-646 Ferrol-Ortigueira, desvío á dereita por estrada asfaltada sinalizada a Naraío. A fonte atópase a 2.5 km, nas inmediacións da igrexa parroquial.
Arriba