FONTE DE SANTA LUCÍA

Etnográfico
966
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Olveira (San Martiño)

Lugar: Lucín

15151  Dumbría - A Coruña

Coordenadas:
42º 58' 27.0" N - 9º 02' 29.9" W

Descrición

Fonte de cadeirado granítico, con arco de medio punto e dous piares que a soportan. Hai un arco tapiado, pola parte de atrás, cun enreixado destinado a protexer a imaxe da Virxe, que se deposita aquí, nun pequeno altar, o día da festa. Ten dous canos de saída de auga nunha cruz de pedra sobre un pequeno pedestal. Nace a rentes do chan e está afondada para aproveitar a súa auga. A esta fonte atribúenselle propiedades milagrosas. O luns de pentecostés, día da patroa, os romeiros lavan os ollos enfermos coa auga e sécanse cun pano, que deixan colgado nas matogueiras próximas á fonte.

Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía
Arriba