CAPELA DE SAN MIGUEL

Relixioso
571
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Sabuguido (Santa María)

Lugar: Entrecinsa

32557  Vilariño de Conso - Ourense

Coordenadas:
42º 07' 58.6" N - 7º 12' 25.1" W

Descrición

Edificación pequena e rústica, de estrutura rectangular e muros de sillería con cadea de sillares nas esquinas. Porta de acceso no lado longo, de arco de medio punto e pequena espadana de un arco con arquitrabes no terzo superior e colocada no sentido paralelo aos muros laterais. Cabe  destacar unha ampla fiestra cara a unha pequena praza,  con  lintel de madeira, non moi ben conservado, con amplas impostas inferiores que leva á sospeita de ser un edificio de  orixe prerrománico.

Acceso

Edificación situada na parte leste, ao final do pobo; á que se accede a través da rúa principal do medio do pobo que enlaza dende a estrada principal de Vilariño de achega ao pobo.

Camiños de Santiago

Vía da Prata

Estilos

Prerrománico
Arriba
Axúdanos a mellorar!