CASTELO DE MONTERREI

Áreas de recreo e miradoiros
563
No Camiño de Santiago

Localización

Monterrei - Ourense

Coordenadas:
41º 56' 48.8" N - 7º 26' 58.2" W

Descrición

Asentado nun outeiro, conformase como un gran conxunto fortificado que conta co castelo, documentado dende o século X e que conserva o patio de armas e pozo; a Torre de Don Sancho, a torre da homenaxe, do século XV; o Pazo dos Condes, renacentista do século XV; o Hospital de Peregrinos, do século XIV e ligado á vía da Prata e a igrexa de Santa María de Gracia, románica do século XIV.

A localización, elevada sobre o val de Monterrei, ofrece amplas vistas da contorna, destacando a vila de Verín e o río Támega. As especiais condicións climáticas, de trazas mediterráneas, fan desta zona unha das principais áreas vitivinícolas de Galicia, outorgando á paisaxe colorido e variedade.

Camiños de Santiago

Vía da Prata
Arriba