CANO DOS MOUROS

Áreas de recreo e miradoiros
682
No Camiño de Santiago

Localización

Oia - Pontevedra

Coordenadas:
42º 02' 39.4" N - 8º 52' 08.8" W

Descrición

O Cano dos Mouros é un outeiro de 287 metros de altitude que serviu de asentamento do poboado castrexo do mesmo nome.

O castro procurou esta localización pola amplitude de vistas que permitía a vixilancia da costa e do tránsito terrestre, com­plementando a dous castros contiguos e de maior tamaño, A Cabeciña e Chavellas.

O forte desnivel implica unha posición defensiva sendo hoxe un miradoiro natural de impresionantes vistas sobre a costa de Oia.

A presenza de gando solto, moi habitual na serra da Groba, xunto cos característicos piñeirais desta contorna completan un conxunto que impresiona pola orografía montañosa e as exten­sas vistas sobre o Atlántico.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués da costa
Arriba