IGREXA DE SAN CRISTOVO

Relixioso
556
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: San Cristovo (San Cristovo)

Lugar: San Cristovo

32557  Vilariño de Conso - Ourense

Coordenadas:
42º 11' 10.7" N - 7º 10' 39.0" W

Descrición

Muros de cantería na fachada e cachotería no resto; planta rectangular e presbiterio máis ancho con ábsida rectangular. Na fachada, porta de arco de medio punto de grandes doelas, o mesmo que no muro sur. Espadana de dous arcos xemelgos con arquitrabes nas arcadas da volta do arco e remate nos machóns. O frontón prolóngase no ángulo agudo e remata en cruz de pedra. Impostas semicirculares sobre os arcos. Edificio predominantemente románico combinado con diferentes estilos.

Acceso

Edificación situada ao final do pobo ao que se accede a través da rúa principal que baixa polo medio do pobo que enlaza dende a estrada principal de Vilariño a Manzaneda.

Camiños de Santiago

Vía da Prata

Estilos

Románico
Neoclásico
Arriba
Axúdanos a mellorar!