IGREXA PARROQUIAL DO SANTO DIVINO ESPIRITO DE CAMELLE

Relixioso
752

Localización

Parroquia: Camelle (O Espírito Santo)

Lugar: Camelle

15121  Camariñas - A Coruña

Coordenadas:
43º 10' 56.8" N - 9º 05' 31.1" W

Descrición

Igrexa dunha planta cunha soa nave. Da decoración interior destaca o Retablo Maior do Divino Salvador, de estilo barroco (1721) e reformado no século XX. Trátase dun retablo hornacina conformado por tres corpos, feito en madeira policromada por Juan Queixo e policromado por Juan Antonio Gómez Figueroa. 
A fachada é lisa cunha porta adintelada, e na parte superior, a espadaña conta con tres machóns e dous ocos con senllas campás. A máis pequena pertenceu á embarcación inglesa City of Agra, que naufragou no 1897 e foi doada á igrexa pola Compañía Barbeito de Salvamento Marítimo.

Acceso

Pola AC-432 ata Ponte do Porto e desvío pola DP-1601 dirección Camelle e de ahí ata Rúa Campo do Santo en Camelle.

Estilos

Rexionalista
Arriba
Axúdanos a mellorar!