IGREXA PARROQUIAL DE SAN PEDRO DA PONTE DO PORTO

Relixioso
735

Localización

Parroquia: A Ponte do Porto (San Pedro)

Rúa Gándara 9

Camariñas - A Coruña

Coordenadas:
43º 08' 15.5" N - 9º 06' 51.8" W

Descrición

Construída a mediados do século XX, substituiu ao Santuario de San Roque que se ubicaba no mesmo lugar, pero co acceso de entrada orientado hacia a ponte. A súa arquitectura presenta unha planta de nave única e con cuberta a tres augas. No exterior salienta en volume e proporcións o campanario na parte central do edificio. 
Destacar a decoración interior que posúe ao contar cos retablos maior e da Virxe do Rosario, ámbolos dous de alto valor artístico, de estilo neoclásico e obra de Xosé Ferreiro e do seu obradoiro respectivamente. Tamén de notable importancia é o retablo da Virxe de Guadalupe e o da Virxe do Carmen, que fan que esta igrexa sexa un punto de interese para rutas culturais de arte relixioso.
Fronte á entrada da igrexa podemos apreciar unha singular reprodución da Fonte dos Leóns da Alhambra.

Acceso

Pola AC-432 ata Ponte do Porto e desvío pola ponte que cruza o río Grande.

Estilos

Rexionalista
Arriba