ESPADANA DA CAPELA DE PONTE DO PORTO

Relixioso
705

Localización

Parroquia: A Ponte do Porto (San Pedro)

Rúa A Grixa s/n

15121  Camariñas - A Coruña

Coordenadas:
43º 08' 31.7" N - 9º 07' 07.6" W

Descrición

Esta espadana de estilo barroco (XVIII) pertenceu á primixenia igrexa parroquial da Ponte do Porto e atópase desprazada a uns metros do lugar no que se ergueu na súa orixe, a carón do cemiterio.
A estructura pétrea conta cunha hornacina central con peana, hoxe baleira, pero que debeu acoller unha imaxe. Na parte superior, a espadana presenta dous ocos e esta coroada por pináculos en forma de bola. Baixo os ocos podemos apreciar características da arquitectura de placas e unha cornixa voada.
O volumen de inferior altura que se sitúa detrás, construido en cachotería, da acceso a parte superior, e acolle un altorrelevo que representa un grupo de ánimas entre lapas abrasándose no purgatorio.

Acceso

Pola AC-432 ata Ponte do Porto, coller desvío á dereita da DP-1601 e coller o primeiro desvío á esquerda que nos conduce a A Grixa. A un par de kilómetros á nosa dereita poderemos apreciar no alto a espadaña.

Estilos

Barroco
Arriba