CAPELA VIRXE DO CARME

Relixioso
658

Localización

Parroquia: Camariñas (San Xurxo)

Lugar: Camariñas

Praza do Carme s/n

15123  Camariñas - A Coruña

Coordenadas:
43º 07' 45.5" N - 9º 11' 05.4" W

Descrición

Capela situada nas fronte ao porto de Camariñas e de advocación típica mariñeira. As súas dimensións e factura son modestas, incluída a espadana que presenta un oco único.
Dunha soa nave, con bóveda de canón e arcos de medio punto rebaixados salvo na capela maior con bóveda de arista. No exterior presenta unha cuberta a dúas augas na parte que corresponde á nave mentres que no corpo do altar optouse por unha cuberta a catro augas. Unha solución que eleva o volumen xeral do edificio.
Está adicada á Virxe dos mariñeiros. A festa do Carme celebrase cada 16 de xullo e a imaxe da Virxe é sacada polos romeiros e acompañada pola danza dos arcos dos mariñeiros. A romería mariñeira pasea á imaxe da virxe pola ría celebrándose misa e festa en Camariñas.

Acceso

En el centro del pueblo de Camariñas.

Estilos

Rexionalista
Arriba
Axúdanos a mellorar!