ERMIDA DE SAN BIEITO

Relixioso
496
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Anceis (San Xoán)

Lugar: Mercuín 21

15181  Cambre - A Coruña

Coordenadas:
43º 15' 48.9" N - 8º 21' 00.6" W

Descrición

Pequena ermida de planta rectangular con sacristía adosada e cuberta a dúas augas. Feita de cachotería recebada e capiteis, perpiaños en portas e algún vano. Como curiosidade, nun lateral hai unha ventá rectangular por onde se meten os fieis para curar diversas doenzas. A romaría de San Bieito celébrase o 11 de xullo (San Bieito pequeno) e o 25 de xullo (San Bieito grande).

Acceso

Dende Cambre tomas a estrada AC-214. A 19 metros, segue pola estrada DP-1702 ata Cabana -Anceis. A 2.7 km toma a estrada CP-1701 e a 2.3 km está a igrexa.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés

Estilos

Neoclásico
Arriba