IGREXA DE SAN PAIO DE BREXO

Relixioso
730
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Brexo (San Paio)

15659  Cambre - A Coruña

Coordenadas:
43º 16' 11.0" N - 8º 19' 02.9" W

Descrición

A igrexa parroquial é unha construción do século XVIII. Á súa fronte, nun cruzamento de camiños, está erguido un interesante cruceiro que tal vez sinale unha variante do camiño de Santiago: na base, que suxeita un fuste cilíndrico, están esculpidas dúas vieiras. Trátase dun dos cruceiros máis antigos do concello con formas que mesturan armoniosamente o románico avanzado con formas moi próximas ao barroco. No interior da igrexa, unhas columnas pareadas sosteñen  o arco triunfal que dá acceso á ábsida.

Acceso

Dende Cambre tomas a estrada AC-214. A 80 metros, xira á dereita dirección Brexo-Lema pola estrada DP-1704. A 3.2 km xirar a man dereita cara San Paio e a 210 metros está a igrexa.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés

Estilos

Neoclásico
Arriba