PETO DE ÁNIMAS DE CANTARRÁN

Etnográfico
588

Localización

Parroquia: Lourido (Santo André)

Lugar: Cantarrán

36455  Salvaterra de Miño - Pontevedra

Coordenadas:
42º 07' 28.7" N - 8º 29' 47.5" W

Descrición

Peto de ánimas de tipo pechado coroado por unha cruz de sección octogonal rematada en pequenas volutas que se asenta sobre unha base adornada cunha caveira e dúas tibias. O tellado é plano e a fornela rectangular, ampla, e lixeiramente arqueada pola súa parte superior. O retablo é de madeira e áchase presidido pola figura de Cristo Crucificado que ten, á súa man dereita, a San Francisco, e á súa esquerda á Virxe María. Por debaixo destes dispóñense catro ánimas. A obra foi realizada no ano 1865.
Arriba