CASA DE DON INOCENCIO

Civil
780
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Rinlo (San Pedro)

Avenida de Ribadeo 2-4

27715  Ribadeo - Lugo

Coordenadas:
43º 33' 26.1" N - 7º 06' 14.2" W

Descrición

Inmoble indiano que conforma a icona arquitectónica de Rinlo. Foi ordenada levantar en 1912 por Inocencio Aguiar López. Chama poderosamente a atención entre as casas do entorno tanto polo elaborado da súa ornamentación como pola altura que presentan as súas tres plantas, aspectos que lle outorgan certo aire palaciano.
Merece especial atención o miradoiro disposto sobre o tellado ao que se accede a través dun paseo construído sobre o edificio. Por ser o punto máis elevado de Rinlo e estar situado preto da costa, este miradoiro foi utilizado como faro, sendo o primeiro faro privado do Cantábrico e, en consecuencia, custeado polo propietario do edificio. Á morte de don Inocencio, os rinlegos lograron que a Deputación de Lugo asumise os gastos derivados do consumo de electricidade e o faro seguiu en uso un tempo.
Forma parte da Ruta dos Indianos polas parroquias.

Acceso

Dende Ribadeo, tomamos a N-634 cara á Coruña e a uns 4 Km atoparemos o desvío a Rinlo. Xusto no centro desta pequena poboación costeira sitúase esta vivenda.
Partindo de Ribadeo, tamén podemos chegar a este porto mariñeiro a través da estrada local da costa. Neste caso o traxecto aproximado é de 8 Km.

Camiños de Santiago

Camiño do Norte
Arriba