CASA COLORADA

Civil
420
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: A Devesa (Santalla)

Lugar: O Rato

Estrada N-634

27715  Ribadeo - Lugo

Coordenadas:
43º 32' 52.4" N - 7º 07' 32.6" W

Descrición

Vivenda de estilo autóctono galego, concibida como un pequeno complexo de descanso do seu promotor, retornado de Cuba. Construído en 1919, o inmoble consta de dúas plantas e un baixo cuberta, con tellado de lousa a dúas augas. A edificación tiña un uso exclusivamente residencial, mais conta na parte traseira cun xardín no que medran palmeiras, iucas e araucarias, e no que o seu promotor se entretiña no seu tempo de ocio. Este xardín inclúe ademais un curioso pombal que cun depósito de auga en alto que lle outorga aparencia de faro, unha fonte, un forno, un merendeiro e unha pérgola.
Forma parte da Ruta dos Indianos polas parroquias.

Acceso

Partindo de Ribadeo cara á Coruña pola estrada nacional 634, a uns 6Km da vila, á man dereita atoparemos esta edificación.

Camiños de Santiago

Camiño do Norte
Arriba