PETO DE ÁNIMAS DE OZA

Etnográfico
711

Localización

Parroquia: Oza (San Breixo)

Lugar: O Outeiro 1

15107  Carballo - A Coruña

Coordenadas:
43º 15' 07.7" N - 8º 42' 02.2" W

Descrición

Os petos de ánimas representan as almas padecendo no purgatorio. Coas esmolas dos crentes, botábanse misas para redimilas e liberalas dos seus padecementos.
Este peto, ubicado moi preto da Igrexa parroquial de San Breixo de Oza, destaca polas súas grandes dimensións e o seu bo estado de conservación. 

Acceso

Desde o núcleo urbano de Carballo toma a estrada DP-1902. Tras percorrer 5 quilómetros aproximadamente ata chegar ao lugar das Torres, toma o desvío á dereita con indicación cara a Igrexa parroquial de San Breixo de Oza. A 100 metros atoparás o peto de ánimas.
Arriba
Axúdanos a mellorar!