IGREXA PARROQUIAL SANTO ESTEVO DE SUMOAS

Relixioso
456

Localización

Parroquia: Sumoas (Santo Estevo)

Lugar: As Poceiras

27878  Xove - Lugo

Coordenadas:
43º 41' 54.4" N - 7º 30' 20.4" W

Descrición

Templo situado no lugar dun antigo castro. Consta de nave cuberta a dúas augas sobre bóveda con tres arcos faixóns. Arco triunfal escarzano. Frotispicio con espadana dun corpo con dous vanos e frontón. Portada de arco alintelada. Cabido protector e acceso de dous arcos laterais ao sur. A reforma máis antiga documentada para esta igrexa data de 1649. Presenta un retablo maior de tendencia neoclasicista do século XVII. Está situada no núcleo de Sumoas, a carón do cemiterio e do campo da festa, nunha contorna formada por prados, monte e arboredo. 

Acceso

Dende o centro de Xove (Av. da Deputación), tomar a rúa Doutor Baamonde Illade a man dereita e dirixirse ao norte pola estrada LU-P-2601 durante 2,1 Km. A igrexa atópase no alto dun outeiro no marxe dereita da estrada. 
Arriba