CENTRO CULTURAL MARCOS VALCARCEL

Civil
405
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa Progreso 30

32003  Ourense - Ourense

Coordenadas:
42º 20' 14.1" N - 7º 51' 56.6" W

Descrición

No século XIX varios comerciantes fóronse asentando na cidade, e ao prosperaren construíron edificios símbolo do seu poderío. Un deles foi o edificio Simeón, un almacén e comercio téxtil reconvertido en 1999 en centro cultural, que alberga exposicións temporais, conferencias, biblioteca e a curiosa colección de miniaturas de trens Fernández-Pacheco.
O edificio, de corte modernista, foi construído a finais do século XIX polo arquitecto Serra y Pujol. Propiedade da familia Simeón García, foi almacén, comercio e tamén vivenda, distribuído nos seus case 4.000 metros cadrados de superficie. A sobriedade da súa arquitectura, cunha magnífica cantería de pedra e unha coidada carpintaría, encaixa á perfección cunha rehabilitación (obra dos arquitectos Javier Suances Matías e Javier Suances Pereiro en 1996) que soubo respectar o carácter señorial deste edificio. Na súa portada obsérvanse símbolos alusivos ao comercio e á industria.

Acceso

Na zona monumental da cidade.

Camiños de Santiago

Vía da Prata
Arriba