SEMINARIO MAIOR

Civil
905
No Camiño de Santiago

Localización

Estrada Seminario 18

32002  Ourense - Ourense

Coordenadas:
42º 20' 31.3" N - 7º 52' 59.7" W

Descrición

Un gran edificio visible na aba da montaña cara zona de Vistafermosa. Trátase do Seminario Maior. Promovido polo bispo Blanco Najera e cun proxecto de José María de la Vega Samper, iniciouse en 1950 e rematado en 1953. O edificio levántase baixo a advocación do Divino Maestro. A construción adaptase a desigualdade do terreo tendo nun dos seus lados ata seis plantas. Forma un conxunto con torreons nos extremos e un gran patio ou claustro no interior.
O espazo complétase co Seminario Menor, datado en 1930 e reformado en 1960. E por último a capela de Vistafermosa, o único edificio preexistente xa que foi levantado en 1868.

Acceso

Dende o parque de San Lázaro coller a rúa Xoán XXIII e logo a rúa Ervedelo. Ao chegar á rotonda, continuar de fronte pola Av. Ribeira Sacra e virar a esquerda pola Estrada do Seminario.

Camiños de Santiago

Vía da Prata
Arriba
Axúdanos a mellorar!