PETO DE ÁNIMAS DA PRAZA

Etnográfico
766

Localización

Parroquia: Porto (San Paulo)

Lugar: A Praza

36458  Salvaterra de Miño - Pontevedra

Coordenadas:
42º 04' 08.6" N - 8º 32' 01.1" W

Descrición

Peto de ánimas de tipo pechado coroado por cruz de grande tamaño cos seus cantos rematados. Consta de tellado metálico a xeito de baldaquino. Unha reixa de ferro protexe o retablo das ánimas. Este presenta no seu interior unha imaxe cerámica de Santo Antonio e, por debaixo del, nunha táboa de madeira policromada dispóñense un total de cinco ánimas.
Unha casa próxima ó peto coas mesmas cores na porta polo que poidan ter relación, data do 1871, é posible que sexan da mesma data.
Arriba