CASA NATAL ANTÓN TOVAR

Civil
518

Localización

Parroquia: Sabariz (San Pedro)

Lugar: A Pereira

32652  Rairiz de Veiga - Ourense

Coordenadas:
42º 13' 02.8" N - 8º 03' 01.6" W

Descrición

É a conformación máis común en todas as casas ricas da Limia. Consta dunha edificación principal de planta rectangular, cuberta a dúas augas e dúas alturas. Efectivamente, este tipo de vivendas de desenvolvemento lineal adoitan utilizar este tipo de solución volumétrica para ordenar o espacio privado das súas casas. Estas, constitúense como unha sorte de complexo agro-residencial que evidencia cal é a principal actividade económica dos seus habitantes: a actividade agro-gandeira.
Esta vivenda, situada entre medianeiras, aparece levantada en perpiaño granítico de óptima calidade (opus quadratum). De grandes dimensións, os seus muros presentan unha secuencia de vanos asimétrica con xanelas de tres batentes. O interior da edificación conta cun patio aberto destinado ao resgardo da carruaxe e das cabalerías.

Acceso

Esta casa dista do núcleo do concello 4 km., collendo a estrada a Celanova, ata o cruce e seguir de fronte ata Sabariz.
Arriba
Axúdanos a mellorar!