CASA REITORAL DE GUILLAMIL

Civil
504

Localización

Parroquia: Guillamil (Santo André)

Lugar: Guillamil

32652  Rairiz de Veiga - Ourense

Coordenadas:
42º 07' 21.0" N - 7º 50' 01.1" W

Descrición

Vivenda de dúas alturas e cuberta a catro augas, situada a carón do templo parroquial, que amosa un desenvolvemento lonxitudinal que aparece constituído por unha serie de bloques edilicios de idéntica tipoloxía e tamaño. O edificio evidencia unha obra levantada en distintas fases con opus semellantes (opus incertum).
Este edificio responde á conformación máis común nas casas rectorais en todo o termo municipal de Rariz e a súa comarca. Consta dunha edificación principal de planta rectangular –maiormente a de altura máis elevada- de dúas alturas (a solución máis habitual) ao pé da que se constrúen un ou dous corpos edificatorios –as máis das veces de menor altura- nos que  se ubican, ben as dependencias comunitarias (cociña, lareira, forno...), ben un alpendre ou corte sobre o que se levanta a palleira (a solución máis habitual nas aldeas das terras altas).
Efectivamente, aquí adóitase utilizar este tipo de solución volumétrica para ordenar o espacio privado das súas casas-vivenda. Estas, constitúense como unha sorte de complexo agroresidencial que evidencia cal é a principal actividade económica dos seus habitantes: a actividade agro-gandeira.

Acceso

Esta casa dista do núcleo do concello 6 km., collendo a estrada a Celanova, ata o cruce e seguir de fronte hacia Guillamil.
Arriba