CASA REITORAL DE CONGOSTRO

Civil
551

Localización

Parroquia: Congostro (Santa Mariña)

Lugar: Congostro

32652  Rairiz de Veiga - Ourense

Coordenadas:
42º 02' 43.6" N - 7º 52' 36.9" W

Descrición

Vivenda de dúas alturas de desenvolvemento lonxitudinal construída entre medianeiras que aparece constituída por unha serie de bloques edilicios de distinta tipoloxía e tamaño.
Presenta unha das conformacións máis comúns nas casas rectorais en todo o termo municipal de Rairiz de Veiga e a súa comarca. Consta dunha edificación principal de planta rectangular –maiormente a de altura máis elevada- de dúas alturas (a solución máis habitual) ao pé da que se constrúen un ou dous corpos edificatorios –as máis das veces de menor altura- nos que se ubican, ben as dependencias comunitarias (cociña, lareira, forno...), ben un alpendre ou corte sobre o que se levanta a palleira (a solución máis habitual nas aldeas das terras altas). Efectivamente, aquí adóitase utilizar este tipo de solución volumétrica para ordenar o espacio privado das súas casas-vivenda. Estas, constitúense como unha sorte de complexo agro-residencial que evidencia cal é a principal actividade económica dos seus habitantes: a actividade agro-gandeira.
Esta vivenda, recente restaurada para convertela nunha casa de turismo rural, destaca pola preciosa balconada cuberta de madeira que loce un dos seus laterais. Xunto a esta peza unha galería acristalada de contundente acento contemporáneo que harmoniza perfectamente coa tipoloxía orixinal do inmoble.

Acceso

Congostro dista 7,6 km. do núcleo de Rairiz de Veiga, pola estrada de Santa Baia.
Arriba