CASA NATAL DE ALFREDO BRAÑAS

Civil
612

Localización

Parroquia: Carballo (San Xoán)

Lugar: Carballo

Rúa Martín Herrera 20

15100  Carballo - A Coruña

Coordenadas:
43º 12' 43.0" N - 8º 41' 24.9" W

Descrición

O pai do rexionalismo galego, Alfredo Brañas, naceu na capital bergantiñá. Aínda segue en pé a casa na que veu ao mundo, no centro da vila. Na rúa peonil coa que fai esquina, poderedes sentar á beira da estatua do ilustre escritor.
Na fachada da casa hai dúas placas dedicadas a Brañas polos Centros Galegos de Bos Aires e Montevideo, como recordo da Galicia emigrada. Foron colocadas con motivo da homenaxe ao político rexionalista organizada polo concello de Carballo en 1959, ano do centenario do seu nacemento. Aínda hai unha terceira placa, da asociación cultural Lumieira, instalada no 2000, aos cen anos do falecemento de Brañas.
Brañas escribiu unha letra para o himno de Galicia, que non é a que hoxe en día se instaurou como oficial, de Eduardo Pondal, mais que non queda atrás en espírito reivindicativo.

Acceso

Atópase en pleno centro urbano da vila.
Arriba