PONTE LUBIÁNS

Civil
1166

Localización

Parroquia: Carballo (San Xoán)

Lugar: A Revolta

15102  Carballo - A Coruña

Coordenadas:
43º 11' 51.1" N - 8º 42' 39.4" W

Descrición

A ponte Lubiáns salva o río Rosende, afluente do Anllóns, e marca o límite entre os concellos de Carballo e Coristanco. Con pouco máis de dous metros e medio de ancho, é unha das pontes históricas máis estreitas de Galicia.
A ponte Lubiáns leva a imaxinación á época das grandes calzadas romanas. Din que a Per Loca marítima atravesaba Galicia de Norte a Sur e cruzaba o río Rosende neste punto. Séculos despois, era o camiño real que ía da Coruña até Fisterra, atravesando por Viaño (A Laracha), a Feira de Berdillo, e a Brea, o que discorría por aquí.
Hai especialistas que sitúan a orixe da ponte na época romana. Poren, o asunto dá lugar a disparidade de opinións. Hai quen a considera medieval ou mesmo posterior, do século XVIII.

Acceso

Desde o núcleo urbano de Carballo, percorrer dous quilómetros pola AC-552 ata o desvío á esquerda seguindo as sinalizacións, a ponte atópase a poucos metros.
Arriba
Axúdanos a mellorar!