IGREXA SAN PAIO DE BÓVEDA

Relixioso
701
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Bóveda de Amoeiro (San Paio)

32980  Amoeiro - Ourense

Coordenadas:
42º 24' 25.7" N - 7º 53' 36.7" W

Descrición

A igrexa nas súas orixes foi románica, posiblemente de finais do S. XII ou comezos do S. XIII como as máis antigas do concello. Sen embargo foi completamente reconstruída desde os seus cimentos, de tal modo que non quedan máis vestixios románicos que algún canzorro románico. A primeira reforma da igrexa fíxose ben entrado o S. XVIII, constando tamén reformas no S. XIX. As intervencións máis importantes fixéronse entre 1862 e 1864 financiadas polo frei dominico Miguel Fernández Fernández, natural de San Paio de Amoeiro que desempeñou unha importante labor en Filipinas como prior nun convento de manila. Da xestión das obras encargouse o abade de san Torcuato de Allariz D. Pedro Araujo, tamén natural desta parroquia. Ao interior destaca polas bóvedas de cruzaría que cobren o presbiterio e a sancristía. Entre o mobiliario máis interesante encóntranse o altar maior de estilo barroco e algunhas das imaxes, como a de San Xoán Evanxelista do ano 1779.

Acceso

Desde o Concello, tómase á esquerda a estrada que leva a Tamallancos ata chegar a un cruce á dereita que leva en dirección a Ourense. A uns 3km noutro cruce debe xirarse á esquerda seguindo os indicadores en dirección Bóveda. A igrexa está ao final do lugar de Bóveda, á man esquerda. Accédese a través dunha pequena rúa que leva a un pequeno campo con cruceiro, tras o edificio da antiga escola unitaria.

Camiños de Santiago

Vía da Prata

Estilos

Románico
Rexionalista
Barroco
Arriba
Axúdanos a mellorar!