IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARIÑA

Relixioso
1383
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Cambados (Santa Mariña)

Rúa San Francisco

36630  Cambados - Pontevedra

Coordenadas:
42º 30' 51.7" N - 8º 48' 47.8" W

Descrición

Fundado baixo a orde franciscana e posta baixo a advocación da Inmaculada Concepción polo matrimonio natural de Vilaxoán D. Juan Daval e Dna. María Pérez no ano 1588.
Foi convento franciscano, ata que no ano 1835, coa desamortización, a propiedade do edificio pasou ao estado e os monxes tiveron que abandonar o convento.
O templo substitúe á antiga igrexa parroquial de Santa Mariña. No seu interior atópanse os enterramentos dos seus fundadores D. Juan Daval e Dna. María Pérez, sendo de estilo gótico mariñeiro, presenta tamén trazos renacentistas. Consta dunha soa nave con dúas capelas con bóvedas cruzadas no lado do Evanxeo.
Destaca a fachada con multitude de representacións, cinco chagas  franciscanas, as figuras de Adán e Eva, cada unha delas situadas dentro dunha cuncha, as representacións dos fundadores en posición orante e o escudo dos Figueroa.

Acceso

No centro de Cambados.

Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla

Estilos

Renacentista
Gótico

Orden Relixiosa

Franciscanos
Arriba