MUÍÑO DO QUINTO

Etnográfico
760

Localización

Parroquia: Carballo (San Xoán)

Lugar: Carballo

Rúa Muíño do Quinto 40

15100  Carballo - A Coruña

Coordenadas:
43º 12' 19.3" N - 8º 42' 05.1" W

Descrición

O actual Muíño do Quinto, que funciona con electricidade e está totalmente automatizado, é de propiedade privada, dunha empresa local que produce 2.500 quilos de fariña ao día. O que é o mesmo, 50 toneladas ao mes ou 600 toneladas ao ano, do que o trigo autóctono de Carballo e a súa contorna supón o 25%.

Acceso

Desde o núcleo municipal de Carballo, débese tomar a AC-552 e á altura do número 106 da Avenida Fisterra, coller o desvío á dereita. Percorrer toda a rúa Muíño do Quinto ata o final onde se atopa o muíño.
Arriba