MUÍÑO DA CHEDA

Etnográfico
944

Localización

Parroquia: Bértoa (Santa María)

Lugar: A Cheda

15108  Carballo - A Coruña

Coordenadas:
43º 14' 12.5" N - 8º 38' 31.2" W

Descrición

Máis de setenta muíños hai catalogados en Carballo. Algúns deles aínda funcionan e outros foron rehabilitados en épocas recentes. O da Cheda, aínda en funcionamento, está situado xunto a unha área recreativa en Bértoa idónea para a realización de festas campestres.
Os muíños dan fe dunha terra coñecida dende vello por ser fértil en cereais e afamada polo seu bo pan, o que lle valeu ser coñecida nalgún momento como o celeiro de Galicia. Canto máis forza levara a auga, máis miudiña saía a fariña, e de máis calidade o pan. Así que, no saboroso do pan de Carballo teñen moito que ver as augas do Anllóns.

Acceso

Desde o núcleo municipal, é necesario dirixirse pola AC-552 ata o quilómetro 5,6 aproximadamente. Logo, débese tomar desvío á dereita onde se sitúa o muíño, a poucos metros.
Arriba