HÓRREOS DA GALERA

Etnográfico
386
No Camiño de Santiago

Localización

Paseo da Galera

15300  Betanzos - A Coruña

Coordenadas:
43º 16' 54.9" N - 8º 12' 49.6" W

Descrición

Conxunto de 5 hórreos de tipo Mariñán a beira do río Mendo  en lembranza do antigo conxunto de mais de 15 que ocupaban o lugar antaño e onde secaban a produción de millo dende a introdución en Galiza deste cereal no século XVII.
A cámara é de madeira, con barrotes verticais. Tres de eles están pintados de verde e os outros dous en vermello. A porta de acceso sitúase nun lado costal.
Na actualidade apoian sobre cepas, aínda que no conxunto primitivo os había tanto sobre postes de madeira coma sobre cepas de mampostería. As cubertas son de tella do país, a dúas augas e non presentan adobíos.

Acceso

Están situados no núcleo urbano.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Patrimonio cultural Etnográfico Hórreo ou conxunto singular
Arriba
Axúdanos a mellorar!