PETO DE ÁNIMAS DE MEIROÁ

Etnográfico
848

Localización

Parroquia: Esgos (Santa María)

Lugar: A Meiroá

32720  Esgos - Ourense

Descrición

Peto de tipo pechado con dúas fornelas paralelas que carecen hoxe en día de retablo. Tellado plano coroado con dous pináculos (falta o da dereita) e por unha cruz que se levanta sobre unha base en forma de copa (falta a cruz). Na parte alta das fornelas aparece gravado o ano da súa construción, o "1854", e unhas dedicatorias que din: "Santo antón Antón 1854 Ánimas". Os retablos, agora desaparecidos, eran de madeira e estaban dedicados tal e como di o epígrafe, o da esquerda a Santo Antón Antón e o da dereita ás ánimas benditas do Purgatorio.

Acceso

Dende Esgos seguir as indicacións cara A Meiroá ou seguir a ruta de sendeirismo Camiño Real. Unha vez abandonamos a estrada asfaltada continuamos pola ruta de sendeirismo e a 1 km aproximadamente atoparemos o peto.
Arriba