IGREXA DE SANTA ENGRANCIA

Relixioso
415

Localización

Parroquia: Rabal (Santa María)

Lugar: Acevedo

32786  Chandrexa de Queixa - Ourense

Coordenadas:
42º 17' 49.4" N - 7º 22' 52.2" W

Descrición

Patroa Santa Engracia, celébrase o primeiro fin de semana de xuño.
Fachada: Porta cuberta con dobre arco de medio punto. Espadana de dous corpos ou alturas.
Interior: Gran arco de medio punto para separar a nave central do presbiterio cuberto cunha bóveda de cruzaría, presenta dúas capelas  a ambos lados da nave central e conta tamén cunha pía bautismal.
Conta a lenda que  Santa Engraciña tiña a súa morada nun gran promontorio rochoso que hai entre as poboacións de Casteloais e Acevedo, ambas as dúas parroquias pugnaban para levala como protectora, os de Acevedo presentáronse no lugar cunha xunta de fráxiles vacas que apenas podían co carro; os de Casteloais cun par de robustos bois con extraordinaria capacidade de tiro non lograron movela  do alto da rocha, os de Acevedo polo contrario e cunha milagrosa facilidade puideron traer a imaxe da Santa ata a súa igrexa, razón mais que sobrada que dende aquelas a consideran a súa patroa e lle profesan unha gran devoción.

Acceso

Dende Celeiros a capitalidade municipal a 8km. pola estrada que vai a Castro Caldelas.

Estilos

Neoclásico
Arriba