IGREXA PARROQUIAL DE SANTIAGO DE PETÍN

Relixioso
662

Localización

Parroquia: Petín (Santiago)

Lugar: Petín

Rúa Carreira 5

32356  Petín - Ourense

Coordenadas:
42º 22' 57.9" N - 7º 07' 32.2" W

Descrición

Arquitectura relixiosa con probable orixe no século XII, pero con grandes alteracións ata os nosos días, fundamentalmente no século XVIII, pola creación dunha escola artística de grande influencia na zona do Santuario das Ermitas.

Acceso

No núcleo urbano. Entramos a Petín dende a antiga estrada OU-533, percorremos a Rúa Real e a Rúa da Ponte ata chegar á Praza Doutor Quiroga. Na Praza Doutor Quiroga collemos a Rúa Carreira  e a uns 50 m está a Igrexa.
Arriba
Axúdanos a mellorar!