IGREXA PARROQUIAL DE SANTOALLA DO MONTE

Relixioso
1094

Localización

Parroquia: Santoalla do Monte (Santa Oalla)

Lugar: Santoalla

32357  Petín - Ourense

Coordenadas:
42º 21' 52.6" N - 7º 03' 04.0" W

Descrición

Arquitectura relixiosa con probable orixe no século XVII, con cerramentos en fábrica modesta de materiais tradicionais parcialmente enfuscada, nave única e destacable espadana. Presenta un estado de conservación recuperable mediante a permisibilidade de obras de conservación e restauración, obras admitidas para o nivel de protección establecido.

Acceso

Dende a Praza Doutor Quiroga de Petín dirixímonos a Santoalla percorrendo a Estrada de Carballal, pasamos por Carballal y continuamos pola Estrada a Mones ata chegar ao cruce Mones-O Seixo aprox. 4,3 km. Xiramos á esquerda dirección Mones, percorremos 1,2 km ata chegar ó Campelo collemos o cruce a Santoalla do Monte. Percorremos aprox. 6 km ata chegar a Santoalla do Monte. Para chegar ata a igrexa temos que continuar a pé, percorrendo a rúa principal.
Arriba