CRUZ DE MONTEALEGRE

Etnográfico
498
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Montealegre (A Milagrosa)

32971  Ourense - Ourense

Coordenadas:
42º 20' 03.0" N - 7º 51' 02.8" W

Descrición

Esta cruz, visible desde gran parte de Ourense e a carón dun dos máis fermosos miradoiros da cidade, ten unha forma sinxela pero agocha unha historia curiosa. Existía no lugar xa unha de madeira, pero no 1882 a Comisión de Monumentos propón cambiala por outra máis ornamental. O deseño xerou una polémica na cidade, tanto que alguén a dinamitou. En 1898 reponse cunha nova pero sen ningún tipo de decoración.

Acceso

No barrio de San Francisco tomar a Rúa do Canle, e continuar pola rúa Fonte dos Caños ata chegar ao aparcadoiro do Parque Botánico de Montealegre. A cruz está na zona do miradoiro dentro do parque.

Camiños de Santiago

Vía da Prata
Arriba
Axúdanos a mellorar!