ACEAS DAS VEIGAS

Etnográfico
657
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Canedo (San Miguel)

Paseo Termal

32001  Ourense - Ourense

Coordenadas:
42º 21' 05.6" N - 7º 54' 37.2" W

Descrición

As aceas, muíños, de rodicio vertical, instalados no curso fluvial para aproveitar a forza da auga, teñen un exemplo sobranceiro neste lugar do río Miño. A auga move unha roda vertical impulsada pola súa parte inferior. Este movemento de rotación vertical convértese en horizontal por medio dunha engrenaxe unida á moa. Esta, movéndose sobre o pé, moía o gran, que se transformaba en fariña. Construídos con grandes pedras e co tallamar aproado cara á corrente para resistir as grandes enchentes. Hoxe, o que sería o espazo por onde entraba a auga converteuse nun dos espazos termais máis emblemáticos da cidade, onde a auga termal brota directamente nas termas.

Acceso

Dende a N-120 (dirección Vigo), coller indicación cara o aparcadoiro da terma do Muiño da Veiga.

Camiños de Santiago

Vía da Prata
Arriba
Axúdanos a mellorar!