CANASTROS DE LOIRO

Etnográfico
924

Localización

Parroquia: Loiro (San Martiño)

Lugar: Loiro

32890  Barbadás - Ourense

Coordenadas:
42º 16' 05.6" N - 7º 54' 26.0" W

Descrición

Conxunto de doce canastros. O primeiro que nos atopamos está nunha finca privada, atopase en bo estado de conservación. Detrás de este aparecen outros cinco,  dous deles contan con tres pares de pés, os demais con dous pares. Salvo un, dos que teñen tres pés, os outros catro están en moi mal estado de conservación. Outros seis forman outro grupo que tamén están en moi mal estado. Todos eles seguen o mesmo patrón, pés e tornarratos de pedra e os demais de madeira, con cuberta de tella.

Acceso

Dende a Casa do concello colleremos a estrada a Celanova, OU- 160, dirección Celanova, aos 300 m. atopamos unha rotonda onde sairemos pola segunda saída dirección á estrada OU-540 onde xiraremos á dereita dirección Celanova, 3,5 Km. ata chegar a Loiro, onde xirando á dereita collemos a Rúa Principal ata chegar a Praza do campo, nesta sairemos pola saída da dereita onde atopamos un cruceiro, xiramos á esquerda e aos 70m. xiramos á esquerda pola Rúa da Uxeira onde están os canastros.
Patrimonio cultural Etnográfico Hórreo ou conxunto singular
Arriba