CRUCEIRO DO SANTIÑO

Etnográfico
480

Localización

Parroquia: Bentraces (San Xoán)

Lugar: Bentraces

Camiño de Bentraces a Sobrado

32890  Barbadás - Ourense

Coordenadas:
42º 16' 59.4" N - 7º 54' 08.1" W

Descrición

Este cruceiro foi trasladado da súa situación inicial, no cruce do camiño de Bentraces a Sobrado do Bispo, na década dos setenta do século XX. Agora podémolo ver dende alí, a escasos cincuenta metros nunha zona recreativa.
No seu basamento conta con tres chanzos; pedestal de catro caras, unha delas con inscricións talladas, na que se pode apreciar a data de 1654; o fuste é de sección octogonal; capitel con volutas e cruz con tallas nas dúas caras, por unha un  cristo crucificado e pola outra unha virxe doorosa con cristo xacente nos brazos.

Acceso

Dende a Casa do Concello, collemos a estrada OU-160 dirección Celanova, en 3 km. chegamos a un cruce onde nos podemos desviar ó campo de fútbol, Sobrado do Bispo e Moreiras, colleremos por ese desvío ata desembocar nunha estrada, xa podemos velo cruceiro a nosa esquerda.
Arriba