HOTEL REAL

Hoteis - 4 estrelas
895
Calidade Turística
No Camiño de Santiago

Descrición

O Hotel Real, conta con 11 habitacións, cafetería, terraza e piscina. É un edificio do ano 1900 recentemente rehabilitado e situado na rúa Real, no final da cuarta etapa do Camiño Portugués. Non hai que desviarse nin un metro do roteiro para aloxarse neste Hotel xa que se atopa ao pé do Camiño.
A actual rúa Real foi tamén parte da antiga Vía Romana XIX que unía Braga con Astorga. Máis de 2000 anos de historias de camiñantes baixo os nosos pés, converten ao Hotel Real nun aloxamento único na zona para recuperarse do camiño andado e repoñer forzas para afrontar as dúas últimas etapas.
Pero non fai falta ser peregrino para escaparse uns días a esta vila. Caldas de Reis é coñecida tamén polas súas marabillosas augas termais, o seu xardín botánico, as súas pontes romanas, as súas igrexas románicas, as súas fervenzas,… A un paso das mellores praias e os municipios turísticos máis importantes das Rías Baixas, Sanxenxo, O Grove, Illa de Arousa,… Caldas ofréceche un plus de tranquilidade, natureza e cultura.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués
Camiño Portugués da costa
Arriba