PONTE MEDIEVAL DO BAO

Civil
743

Localización

Parroquia: Lieiro (Santa María)

27890  Cervo - Lugo

Coordenadas:
43º 41' 27.4" N - 7º 26' 54.8" W

Descrición

Ponte medieval, de estilo romano, que permite o paso de persoas, animais ou carros en marea alta. Ten unha altura máxima de 9,5 metros e unha anchura máxima de 3,10 metros. O único ollo ten forma oxival cunha altura máxima de  8,25 metros e a luz ou a distancia entre piares é de 8,40 metros.
Restaurado polo Concello de Cervo en 1986.

Acceso

Dende a vía principal de entrada a San Cibrao, cóllese o desvío ata os edificios na ría e unha vez se chega a ponte da vía do tren continúase pola propia senda que xa te leva directamente ata a ponte.
Este recorrido esta dentro do Camiño Natural Ruta do Cantábrico, así como tamén da ruta Sendeiro Azul, ambos perfectamente sinalizados ao longo de San Cibrao.
Arriba
Axúdanos a mellorar!